Tranqui, non imos usar comic sans

Definimos a túa marca para que teñas unha imaxe sólida.

Pode que che custe aceptalo, pero se a unha persoa nada nos 90 o teu packaging e a túa marca parécelles ancestrais: faille caso. Non queremos cambiar a túa esencia,pero unha lavadiña de cara cada 10 anos non fai dano.

Se o teu proxecto non ten marca, déixanola nas nosas mans, sabemos que é o teu bebé, estará mellor que entre algodóns.

DESEÑO GRÁFICO

Se o teu logo parece sacado do Paint do 98, se os teus deseños dan máis medo que un WhatsApp de "Temos que falar"… temos que intervir.

Facemos que a túa marca entre polos ollos,que o teu envase packaging destaque e que os teus deseños falen por ti sen ter que berrar.

Marcas, packaging, deseño web, branding... se se pode deseñar, podemos facelo. E facelo ben.

BRANDING

Se o teu logo cambia cada vez que o imprimes ou se a túa marca ten menos personalidade que unha pataca cocida, tes un problema🤪.

O branding non vai só de poñer un logo bonito, vai de crear unha identidade que a xente recoñeza sen ter que ler o nome.

Definimos a túa marca para que teñas unha imaxe sólida, coherente e, sobre todo, memorable.

PACKAGING

Se o teu produto é incrible pero o envase non chama a atención, está perdendo puntos.

O packaging non é só unha caixa ou unha etiqueta, é o primeiro que ve a clientela e, ás veces, o que decide a compra.

Facemos que o teu produto entre polos ollos antes incluso de ser probado🥰.

RESTYLING

Dálle unha segunda vida á túa marca!💁‍♀️

Non se trata de borrar o pasado, senón de modernizar a túa identidade mantendo a súa esencia. Un lavado de cara para manter a súa marca recoñecible, pero sen dar a impresión de que "necesita urxentemente unha reforma".

Co toque xusto entre renovación e modernidade, facemos que a túa marca volva estar á altura sen perder o seu ADN.

CAMPAÑAS PUBLICITARIAS

Deixa que falen de ti (bueno, si é posible!)

Se as túas campañas pasan desapercibidas ou a túa publicidade é máis sono ca un documental da dúas, temos que darlle unha volta.

Facemos campañas que captan atención,que conectan coa xente e fan que a túa marca non sexa unha máis no medio do barullo.

DESEÑO GRÁFICO

Se o teu logo parece sacado do Paint do 98, se os teus deseños dan máis medo que un WhatsApp de "Temos que falar"… temos que intervir.

Facemos que a túa marca entre polos ollos,que o teu envase packaging destaque e que os teus deseños falen por ti sen ter que berrar.

Marcas, packaging, deseño web, branding... se se pode deseñar, podemos facelo. E facelo ben.

BRANDING

Se o teu logo cambia cada vez que o imprimes ou se a túa marca ten menos personalidade que unha pataca cocida, tes un problema🤪.

O branding non vai só de poñer un logo bonito, vai de crear unha identidade que a xente recoñeza sen ter que ler o nome.

Definimos a túa marca para que teñas unha imaxe sólida, coherente e, sobre todo, memorable.

PACKAGING

Si tu producto es increíble pero el embalaje no es llamativo, estás perdiendo puntos.

O packaging non é só unha caixa ou unha etiqueta, é o primeiro que ve a clientela e, ás veces, o que decide a compra.

Facemos que o teu produto entre polos ollos antes incluso de ser probado🥰.

RESTYLING

Dálle unha segunda vida á túa marca!💁‍♀️

Non se trata de borrar o pasado, senón de modernizar a túa identidade mantendo a súa esencia. Un lavado de cara para manter a súa marca recoñecible, pero sen dar a impresión de que "necesita urxentemente unha reforma".

Co toque xusto entre renovación e modernidade, facemos que a túa marca volva estar á altura sen perder o seu ADN.

CAMPAÑAS PUBLICITARIAS

Deixa que falen de ti (bueno, si é posible!)

Se as túas campañas pasan desapercibidas ou a túa publicidade é máis sono ca un documental da dúas, temos que darlle unha volta.

Facemos campañas que captan atención,que conectan coa xente e fan que a túa marca non sexa unha máis no medio do barullo.

SABEMOS DO QUE FALAMOS

E algúns dos nosos clientes xa gozan dos resultados:

LIPORCA

BRANDING – WEB

GUMERJO

SOCIAL MEDIA – BRANDING

BERMÚDEZ MEDIADORES

BRANDING – WEB

FACEMOS MATCH?

Non somos unha axencia calquera. Somos o ingrediente secreto que lle falta a túa marca. Queres descubrilo?